Inicio / NOVAS / Notas de prensa / VILARVÍN PROMOCIONA OS SEUS VIÑOS NAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DA COSTA DA MORTE
06/06/2011.

VILARVÍN PROMOCIONA OS SEUS VIÑOS NAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DA COSTA DA MORTE

A adega que conta con seus produtos amparados por Galicia Calidade ensinou aos hosteleiros da Costa da Morte as súas instalacións e os seus caldos

A adega pontevedresa Vilarvín está a promocionar os seus viños nas Segundas Xornadas Gastronómicas da Costa da Morte, un evento organizado pola Asociación Neria e que conta co patrocinio de Turgalicia e de Galicia Calidade. O evento contará coa participación de 28 restaurantes distribuídos na franxa costeira entre Malpica e Muros. Durante todos os días do mes de xuño, estos locais ofrecen menús especiais (35 euros por persona, adega aparte) nos que se promocionan os produtos da comarca.

Para promocionar o seu produto, Vilarvín realizou unha degustación dos seus caldos cunha visita pola adega entre os hosteleiros que participan neste evento. Neste acto tamén estivo presente o xerente de Galicia Calidade, Carlos Vila. Este evento plantéxase como unha fórmula de que os responsábeis de elaborar os menús coñezan de primeira man a calidade dos seus viños de uva albariño. Na actualidade, Galicia Calidade ten amparado o seu viño branco de variedade albariño comercializado coa marca “Valtea”.

Vilarvín está a levar a cabo nos últimos meses unha forte campaña de promoción directa nos puntos de venta de Galicia e do resto de España, como restaurantes e supermercados. Unha aposta forte por situar os seus caldos como os mellores da D.O. Rías Baixas, apoiados en todo momento pola garantía e confianza que lle confire ao consumidor o selo de garantía de Galicia Calidade.

Redes sociais

Multimedia