Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Os viños Galicia Calidade, presentes no Salón Internacional do Viño - Fevino
04/06/2019.

Os viños Galicia Calidade, presentes no Salón Internacional do Viño - Fevino

Hoxe deu comezo Fevino, o Salón Internacional do Viño que se prolongará durante dúas xornadas na sede de Afundación en Ferrol, centradas no mundo do viño. Trátase dun importante punto de encontro para adegas, enólogos, distribuidores, comerciais, hostaleiros, sumilleres, críticos e xornalistas, no que poderán catarse máis dun milleiro de referencias de viño. 

As adegas certificadas por Galicia Calidade están presentes no stand a cargo da enóloga Cristina Murga e participan tamén no ‘Túnel do viño galego’ organizado por Agacal e que conta con máis de 200 referencias das cinco denominacións de orixe galegas.

Un todal de 10 adegas que contan co selo Galicia Calidade participan nesta edición de Fevino: Adega A CoroaPaco & LolaAltos de ToronaBodegas HGABodegas NairoaBodegas RuchelGargaloQuinta do BubleRegina ViarumSeñorío de Rubiós e o grupo adegueiro Méndez Rojo.

Tamén estiveron presentes en Fevino outros produtos certificados pola marca de garantía galega, coma a cervexa 1906, de man do barista compostelán Óscar de Toro.

O IV Salón Profesional do Viño Fevino 
A inauguración de Fevino arrincou cunha homenaxe a seis persoas que engrandecen día a día o mundo do viño, cos premios premios “Gardiáns do viño”, un recoñecemento a adegueiros, enólogos, marcas e xornalistas. Entre os premiados atópanse Mar Vilanova, Amaya  Cervera, Víctor de la Serna,  Riedel e Vicente Cebrián.

Unhas dúas mil persoas asistirán entre hoxe e mañá ao Salón Profesional do Viño, en cuxa exposición participan máis de 200 adegas de denominacións de orixe de toda España. Nesta edición, por primeira vez, máis do 50% do salón corresponde a viños galegos.

Redes sociais

Multimedia