Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Máis de 1.500 persoas visitaron a mostra de xoieiros Galicia Calidade no Mercado La Galiciana
05/05/2019.

Máis de 1.500 persoas visitaron a mostra de xoieiros Galicia Calidade no Mercado La Galiciana

A mostra de xoias organizada por Galicia Calidade, en colaboración co Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia,  recibiu máis de 1.500 visitas ao longo dos 6 días de exposición no Mercado La Galiciana, en Santiago de Compostela.

Os visitantes da exposición, celebrada do 30 de abril ao 5 de maio baixo o título “Galicia é xoia”, recibiron información do persoal que resolveu en todo momento as posibles dúbidas ou curiosidades sobre as firmas expositoras (ArdentiaFernando Gallego Xoieiro ArtesánKatuxa PlateroOscar Rodríguez JoyerosOrfega e Unión Joyera de Bergondo, pertencentes a Galicia Calidade) e as súas creacións de xoiaría certificadas co selo de garantía de Galicia Calidade.

A mostra tamén contemplou a celebración dun sorteo entre todas aquelas persoas que deixaron os seus datos nunha urna: por unha banda, unha noite de hotel para dúas persoas a escoller nalgún dos hoteis certificados por Galicia Calidade e, por outra banda, un menú degustación para dúas persoas nalgún dos establecementos de Galicia Calidade. As persoas gañadoras resultantes do sorteo realizado onte 5 de maio foron: Simone Bianco e Alba Vila Rodríguez, gañadoras dos respectivos premios.

Asemade, a exposición coincidiu coa iniciativa #MiñaNaiéUnhaXoia, dinamizada nas redes sociais de Galicia Calidade por mor do Día da Nai, na que tamén se sortearon premios entre os participantes. 

Redes sociais

Multimedia