Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Máis de 10.000 participantes no concurso 'Deseña una xoia para a túa nai'
03/05/2019.

Máis de 10.000 participantes no concurso 'Deseña una xoia para a túa nai'

O concurso 'Deseña una xoia para a túa nai', que organiza o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia (Coxga) e contou coa colaboración de Galicia Calidade, superou amplamente os 10.000 participantes nesta última edición. 

Os escolares participantes, diferenciados en categorías por idades, de 0 a 4 anos, de 5 a 7, de 8 a 10 anos e de 11 a 12 anos, debuxaron a xoia que quererían regalar á súa nai. Entre os traballos presentados, o xurado seleccionou os 80 finalistas.

Deste grupo de finalistas sairon os 12 gañadores que teñen como premio a execución dos seus deseños a cargo de xoieiros profesionais. O pasado venres tivo lugar o acto de entrega de premios, ó que estaban convocados os 80 escolares finalistas e as súas familias. 

O obxectivo do Coxga con este concurso que este ano chega á súa X edición, é animar a escolares de todo Galicia a introducirse no mundo do deseño de xoias e achegarse a unha profesión de gran arraigo nesta comunidade, que combina tradición e innovación.

Gala de entrega de premios

O fallo do xurado e a entrega de premios ás novas promesas da creación en xoiaría tivo lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago de Compostela, nunha gala á que asistiron os finalistas acompañados das súas familias.

Os 12 escolares premiados fixeron entrega persoalmente ás súas nais das pezas creadas por eles mesmos. Xoieros de toda Galicia traballaron os días pasados para realizar os deseños gañadores que os escolares entregaron ese día ás súas nais.

Redes sociais

Multimedia