Inicio / NOVAS / Notas de prensa / XA SE COÑECEN OS NOMES DOS GAÑADORES DE CATRO FINES DE SEMANA NO HOTEL LOUXO LA TOJA
10/01/2012.

XA SE COÑECEN OS NOMES DOS GAÑADORES DE CATRO FINES DE SEMANA NO HOTEL LOUXO LA TOJA

Os agraciados foron seleccionados ao azar entres os participantes, que mercaron tres productos amparados polo selo durante a campaña de promoción da marca de garantía nos establecementos comerciais de Galicia

Galicia Calidade deu a coñecer hoxe o nome dos agraciados do sorteo de catro fines de semana no Hotel Louxo La Toja. En concreto, trátase de catro premios de dúas noites de aloxamento e almorzo buffet cun programa talaso de 2 días para dúas persoas. Os agraciados deberán porse en contacto co establecemento hoteleiro amparado polo selo de garantía para concretaren as datas nas que disfrutar do agasallo.

As persosas que resultaron premiadas foron as seguintes:

MARÍA JESÚS RODRÍGUEZ (OURENSE)

LUCÍA COCIÑA (VIVEIRO-LUGO)

PAZ PORTO (VIGO-PONTEVEDRA)

ALICIA BOQUETE (TEO-A CORUÑA)

 

Promoción dos produtos amparados

Durante o pasado mes de decembro Galicia Calidade levou a cabo unha promoción nos establecementos comerciais de toda Galicia. Nela informábase aos consumidores antes da entrada no super ou hipermercado de en que consistía o selo Galicia Calidade e convidábase aos mesmos a mercar produtos que contaran co distintivo. Aquelas persoas que adquirisen, polo menos, tres produtos amparados recibían un agasallo promocional e entraban no sorteo de catro fines de semana no Hotel Louxo La Toja.

Máis de 3500 persoas mercaron os produtos amparados por Galicia Calidade e participaron neste sorteo, do que hoxe coñecemos os gañadores. Para porse en contacto co Hotel Louxo La Toja poden facelo a través do teléfono 986730200. 

Redes sociais

Multimedia