Inicio / NOVAS / Notas de prensa / Presentación da XVI edición do Festival de Cans, a cita ineludible do Audiovisual en Galicia
08/05/2019.

Presentación da XVI edición do Festival de Cans, a cita ineludible do Audiovisual en Galicia

Porriño acolle unha nova edición do  archi-coñecido "Festival de Cans", o evento de curtametraxes que se celebra cada ano. O festival céntrase nas curtametraxes de produción galega, aínda que cada ano faise máis internacional. Así, ademais dos 15 curtos galegos que se exhibirán clasificados en "Ficción e Animación",  mostraranse outras pezas producidas en diferentes partes do mundo.

Entre o 22 e  o 25 de Maio desenvolverase a programación composta por "152 obras  audiovisuais 16 esteiras absolutas de  curtametraxes e  máis de 40 actividades”. Segundo os organizadores, é a edición máis internacional ata a data

Galicia Calidade patrocina o evento coa posta en marcha de diferentes  actividades gastronómicas. Óscar del Toro, o recoñecido  barista compostelán, ocuparase do café que se servirá en "A Leira de Alicia" coa colaboración de  FeiracoIngapanKiwi Atlántico

Igualmente, Galicia Calidade ofrecerá aos convidados a comida e a cea do sábado. O chef  Kike  Piñeiro do restaurante  Horta D'Obradoiro está a cargo da elaboración. É todo un luxo contar cun chef da súa talla, que ademais de ser Premio Nacional de gastronomía, sempre defendeu a calidade do produto galego. Os invitados poderán degustar diversos produtos que achegan empresas con selo de #Galicia Calidade como a Merluza Do Celeiro, as conservas ou as especialidades cárnicas de Torre de Núñez, entre outros. 

Estrella Galicia é patrocinador oficial do evento, e tamén colaboran adegas galegas certificadas por Galicia Calidade coma  Regina Viarum e Pazo de  Villarei

Un festival con grandes atractivos

Ademais da calidade das actividades gastronómicas, espérase a visita dalgunhas personalidades relevantes do mundo do cinema, como o cineasta madrileño Rodrigo  Sorogoyen ou o Gran  Wyoming. O cartel musical previsto incorpora diferentes estilos e importantes figuras do panorama acústico.  

Sen dúbida vale a pena achegarse durante estes días ao Festival de Cans, para gozar dos curtos, a boa música e as delicias gastronómicas das que gozaremos grazas a excelente materia prima galega.

 

Redes sociais

Multimedia