Inicio / Produtos / Terra de Asorei Barrica

Terra de Asorei Barrica

Terra de Asorei Barrica elabórase a partir das uvas de pequenas fincas ubicadas no Val do Salnés, Galicia, que grazas a un coidado personalizado reflexa o carácter varietal do albariño, que complementamos cuns matices elegantes de madeira.

Con máis coñecemento, selección e coidado recuperamos a tradición de elaborar albariño en barrica de madeira cunha crianza de 6 meses en barricas de carballo, como se facía historicamente nas nosas pequenas adegas no Val do Salnés ata 1980.

Terra de Asorei Barrica é unha elaboración especial cunha edición limitada de menos de 3.000 botellas.
ADEGAS TERRA DE ASOREI

Redes sociais

Multimedia