Os produtos e servizos certificados co selo Galicia Calidade garanten aos usuarios e consumidores que superaron os controis e normativas de calidade establecidas, ademais de certificar a súa orixe galega.
Neste espazo, Galicia Calidade proporciona información sobre os produtos e servizos que contan co seu selo de garantía, así como acceso ás páxinas web de cada unha das empresas. Calquera transacción comercial deberá realizarse con cada unha delas.