Bodegas Aguiuncho

Aguiuncho
Lg A Pedreira, Núm 1A, Vilalonga,
Sanxenxo, 36990, Pontevedra
+34 986 72 09 80
info@aguiuncho.com
Certificacións

Galicia Calidade

Outras certificacións

Adegas Aguiuncho atópase situada nas Rías Baixas Galegas, máis concretamente no Val do Salnés, a subzona da Denominación de Orixe con maior superficie de viñedo.

En 1999 Manuel Troncoso Poceiro e Manuel Troncoso Prieto, pai e fillo deron vida a este proxecto, un soño para ambos. Elaborar e comercializar un viño de calidade, mirar cara ao futuro e a tecnoloxía, pero sen perder a perspectiva da Adega Artesanal que tradicionalmente se herdou nesta familia de pais a fillos.  

A Adega, tecnoloxicamente equipada a gran nivel, ten actualmente unha capacidade de produción de 150.000 botellas. 

Produtos/Servizos
  • Viño albariño da D.O.P. Rías Baixas comercializado coa marca “Mar de Ons”.
  • Viño albariño barrica da D.O.P. Rías Baixas comercializado coa marca “Mar de Ons”.
  • Viño albariño lías da D.O.P. Rías Baixas comercializado coa marca “Mar de Ons”.
     

instagram facebook twitter youtube