Sacrapastas

Sacrapastas
Cam. Abogado
27550 Taboada, Lugo
982 46 50 57
Certificacións

Galicia Calidade

SACRAPASTAS, converteuse nun referente de sostibilidade e tradición na Ribeira Sacra. Inspirada na arte románico e a mitoloxía desta terra máxica, a marca rescata as “Galletas de Xián”, unhas pastas de manteiga elaboradas artesanalmente na Panadería Darío, en Taboada, con produtos de proximidade e a máxima calidade.

Estas galletas son unha homenaxe ás avoas e mulleres do rural galego, gardiás de receitas que namoraron a xeracións, preservando unha herdanza culinaria única. A súa elaboración respecta técnicas tradicionais e utiliza unha máquina especialmente deseñada que mantén o equilibrio entre capacidade produtiva e o carácter artesanal que as define. Con cada galleta, SACRAPASTAS pon en valor a riqueza cultural e gastronómica do seu territorio, destacando a importancia da sostibilidade e o respecto polos recursos locais. 

instagram facebook twitter youtube