As adegas certificadas consolidan o seu liderado e reflicten o valor, a tradición e a excelencia da viticultura galega.
A directora xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, participou no acto de entrega dos Premios Catas de Galicia 2025, celebrado en Santiago de Compostela, onde se recoñeceu o excelente nivel dos viños, augardentes e licores galegos.
Durante o evento, no que tamén estivo presente o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacouse o papel fundamental do sector vitivinícola á hora de dinamizar o rural galego, atraer turismo e proxectar a imaxe de Galicia Calidade no mundo.
O presidente subliñou que esta industria “combina tradición e modernidade” e que os seus produtos son “uns dos mellores embaixadores do que significa Galicia Calidade”.
A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, foi a encargada de entregar o premio aos viños de colleitas anteriores, unha categoría que pon en valor a evolución e o potencial dos viños galegos ao longo do tempo.
Empresas certificadas premiadas
Diversas adegas certificadas pola marca Galicia Calidade resultaron galardoadas nesta edición das Catas de Galicia 2025, un recoñecemento ao seu compromiso coa calidade e coa excelencia no sector:
Augavella. 1º premio en Licor Café Meu Ceo e 1º premio en Augardente de Herbas Meu Ceo
Pazo Valdomiño. 1º premio en Licor de Herbas Fonte do Frade, 2º premio en Augardente Fonte do Frade e 3º premio en Licor Café Fonte do Frade
Viña Costeira. 2º premio en Licor de Herbas Lúa de Costeira e 3º premio en Tinto DO Valdeorras Costeira
Bodegas Ruchel. 1º premio en Branco DO Valdeorras
Adega A Coroa. 2º premio en Branco DO Valdeorras
Bodegas Granbazán. 1º premio en Branco Rías Baixas Etiqueta Ámbar
Regina Viarum. 1º premio en Branco Ribeira Sacra
Señorío de Rubiós. 1º premio en Cosecha anterior Manual de Amaro 2018
Adegas Terra de Asorei. 2º premio en Branco Barrica Terra de Asorei Barrica
Estes galardóns poñen en valor o traballo, o esforzo e a innovación das empresas certificadas, que contribúen a fortalecer o prestixio da marca Galicia Calidade e a situar os produtos galegos entre os mellores do mundo.