Bodegas Valtea presenta unha edición limitada de Albariño para conmemorar o 25 aniversario de Galicia Calidade

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, destaca a filosofía de sustentabilidade e bioeconomía circular que promove esta empresa vinícola

Galicia Calidade
Institucional
Galicia Calidade

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, participou hoxe no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela na presentación da edición limitada de Albariño Valtea en honra ao 25 aniversario de Galicia Calidade e tamén da primeira vendima da propia adega.

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, felicitou a Bodegas Valtea pola elaboración dun albariño referente da Denominación de Orixe rías Baixas e procedente dos propios viñedos da adega.

A bioeconomía circular está presente na elaboración de produtos de Valtea, que reutiliza os residuos da uva para a destilación e elaboración de augardentes e licores. Residuos como o bagazo, sementes e restos de uva que quedan despois de extraer o mosto, destílanse para obter o augardente de bagazo, que logo empregan como base para elaborar outro tipo de licores como o licor café e o licor de herbas.

instagram facebook twitter youtube