Galicia Calidade participa en la entrega de premios del II Campeonato de Tapas y Pinchos de Galicia – Provincia de Ourense 2023

.

Galicia Calidade
institucional
Certificación Queixería Barral

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, entregou hoxe o certificado de uso da marca de garantía Galicia Calidade aos responsables da Queixería Barral, nun acto que se desenvolveu nas instalacións da empresa, situadas en Arzúa (A Coruña). 

A xerente do organismo dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación destacou que os novos produtos certificados co selo de garantía da Xunta de Galicia caracterízanse por seren capaces de integrar "a orixe, a tradición, a calidade, o sabor e a sustentabilidade". 

Queixería Barral empezou cunha miniqueixería artesanal fundada en 1989, que pouco a pouco se converteu nunha empresa que aposta pola tradición das súas orixes, xa que levan máis de 30 anos sendo mestres queixeiros sen perder de vista a innovación e modernidade característica dunha nova xeración.

instagram facebook twitter youtube