O 85% dos viños co selo Galicia Calidade destacan no medalleiro da Guía de Viños e Destilados de Galicia 2024

A Asociación de Summilleres de Galicia Gallaecia distingue a 120 viños coa marca de garantía, 12 deles coa medalla Gran Ouro, a 24 con medallas de ouro+, e a 61 con medallas de ouro

Galicia Calidade
Viños
Guia Paadin

O 85% dos viños certificados co selo de garantía Galicia Calidade figuran no medalleiro da Guía de Viños e destilados de Galicia, elaborada Asociación de Summilleres de Galicia Gallaecia e que dirixe o enólogo Luís Paadín.

Despois de catar máis de 1.300 viños e destilados de 500 adegas e destilerías galegas, con máis de 2.500 referencias, o comité da Guía de Viños concedeu galardóns a 120 dos 142 viños que contan co certificado Galicia Calidade. Ademais, tamén foron distinguidos 19 dos 24 destilados co selo de garantía da Xunta de Galicia.

Destacan os 12 viños que acadaron a medalla Gran Ouro, concedido a aqueles viños cunha puntuación de entre 93 e 100 puntos, que representan o 10% do total desta categoría. Na categoría ouro+, por debaixo dos 93 puntos, tamén figuran 24 viños das cinco denominacións de orixe.

No caso dos destilados,  dos 19 licores recoñecidos polo comité da Asociación de Summilleres de Galicia Gallaecia, dous deles obtiveron a medalla gran ouro e 10 deles a ouro+.

A Guía de Viños e Destilados de Galicia está considerada como a principal e máis exhaustiva referencia dos viños galegos, xa que conta con 20 paneis de cata diferentes, catáronse máis de 1.300 viños e destilados e examina case todas as referencias das botellas certificadas polas cinco denominacións de orixe. A guía analiza diferentes criterios da fase visual (cor e aspecto), olfactiva (intensidade, franqueza e calidade) e en boca (intensidade, franqueza, persistencia e calidade), ademais de realizar unha valoración xeral na que se pon o acento na harmonía. 
Segundo os datos da Guía, en Galicia hai inscritas máis de 500 adegas e destilerías, a totalidade das amparadas nas denominacións de orixe (DO)  e indicacións xeográficas protexidas (IXP) de viño de Galicia.

 

Viños premiados

Gran ouro

Ouro+

Ouro

Prata

II.GG. Augardentes e Licores tradicionais de Galicia

Gran ouro

Ouro +

Ouro

Prata

instagram facebook twitter youtube