O hotel Faro Lariño de Carnota recibe a certificación de Galicia Calidade

Con esta nova incorporación, son xa máis de 30 os establecementos de hostalería que contan con este selo de garantía no conxunto das máis de 150 empresas certificadas.

Institucional
Galicia Calidade
Hotel Faro de Lariño

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, reuniuse hoxe cos responsables do hotel Faro Lariño, situado en Carnota (A Coruña), para entregarlles o certificado que acredita o dereito de uso do selo de Galicia Calidade. Faro Lariño poderá incluír a nova sinalización na súa fachada, así como engadir o distintivo nas diferentes accións para a súa promoción comercial.

 

A responsable de Galicia Calidade, organismo dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, destacou nesta xuntanza a “privilexiada ubicación” deste hotel situado en Punta Ínsua, nunhas instalacións que foron habilitadas como establecemento de aloxamento turístico a partir de 2021 e que seguen a conservar a súa finalidade principal como faro.

instagram facebook twitter youtube