O Mundial de J80 converterá a Baiona durante toda esta semana na capital internacional da vela

Da man de Galicia Calidade, os asistentes poden gozar no Village de Baiona de degustacións dalgúns dos mellores produtos da terra

Galicia Calidade
Village Galicia Calidade

O Mundial J80 Baiona 2023 é o evento máis esperado da tempada. E tamén o máis internacional. Con case 80 equipos rexistrados e regatistas vindos de máis de 40 nacionalidades

 

Tal e como estaba previsto no programa, o luns 18 a frota estreouse nas Rías Baixas coa disputa da practice race. O vento, que se presentou con moi boas condicións tras o paso da borrasca do domingo, permitiu que a frota completase unha manga na que os equipos puideron medirse por primeira vez. 

 

Unha vez en terra, ás oito da tarde tivo lugar a cerimonia de inauguración no village do club baionés ante centos de persoas entre regatistas, acompañantes, membros da organización e autoridades. O acto estivo presidido por José Luis Álvarez, presidente do Monte Real Club de Yates de Baiona, e contou tamén coa presenza de Armando Gutiérrez, presidente da clase J80 España, e Jesús Vázquez Almuiña, alcalde de Baiona. A xornada deste luns tamén supuxo o arranque doutro dos grandes atractivos do Mundial. 

 

Da man de Galicia Calidade, os asistentes á inauguración puideron gozar de degustacións dalgúns dos mellores produtos da terra ecertificados polo selo de garantía: queixo San Simón de Quesería Daniberto e Casleiras, queixo Arzúa Ulloa de Pazo de Anzuxao e Barral, queixo de tetilla de Pazo do Queixo e Quesos Feijoo, queixo do cebreiro de Santo André, xamón de Coren, empanada de atún en conserva Cortizo, tortilla elaborada con Patacas Gándara, cebola de Legufrut e ovos de Ecocentro, Campomayor, Pazo de Vilane, Avícola Rías Baixas e Avícola Tratante, todo acompañado de cervexas Estrella Galicia e augas Cabreiroá. 

 

Así, con todo listo para empezar, este martes estreouse a competición co primeiro asalto no campo de regatas e tres mangas das quince programadas ata o vindeiro sábado. Unha vez finalizada a xornada os participantes reuníronse de novo no village do Monte Real, onde este martes puideron gozar dunha degustación de polbo de Rosa de Los Vientos e conservas de marisco (mexillón, sardiña, agulla e zamburiñas) de Escurís, Rianxeira e Conservas Cortizo.

 

O Mundial J80 Baiona 2023 celébrase baixo a organización do Monte Real Club de Yates de Baiona co patrocinio de Turismo de Galicia e Galicia Calidade.

instagram facebook twitter youtube