O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; así como o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente de Galicia calidade, Ana Méndez, participa na entrega de trofeos da Regata Rey Juan Carlos I El Corte Inglés Máster 2023. Esta oitava edición reuniu a máis de 300 regatistas ao longo das tres xornadas que durou a competición.