Un Nadal de tradición e sostibilidade con Galicia Calidade
O Carabel é un eco-cesto tradicional elaborado con materiais autóctonos. Tradicionalmente este cesto se facía na casa para axudar nas tarefas diarias, como ir recoller os produtos da horta, con distintos tipos de varas e sempre cun asa central, neste caso de algodón, mantendo así a aposta polos materiais vexetais.
O artesá Carlos Rubio preséntanos este Carabel revisado, acercando o pasado aos nosos tempos sin perder as técnicas e materiais de sempre, poñendo en valor unha das moitas artesanías propias das casas Galegas.
Na cestería ir dar un paseo polo monte ou cultivar permiten que teñas todo o necesario
A fabricación do Carabel é un proceso meticuloso que segue as fases naturais das fibras vexetais:
- Recollida: realízase no 4º menguante da lúa de xaneiro, cando as árbores están en estado vexetativo, xa que a savia da árbore baixa e isto permite que o material sexa máis flexible e non teña avelaíña.
- Secado: Un mínimo de tres meses permite estabilizar as varas para o seu uso.
- Hidratación: Esta vai dos sete aos dez días en función do material e úsase para poder manipulala e tecela.
O resultado é un produto funcional e fermoso, fiel ás técnicas tradicionais, pero actualizadas ao noso tempo e adaptado ás necesidades de hoxe.
En Galicia, a calidade vai da man da tradición e o respecto polo medio ambiente, cada Carabel é un exemplo de sostibilidade e autenticidade.
Descobre os produtos certificados pola nosa marca de garantia, destacados pola súa calidade e historias de sostibilidade, que garda no seu interior:
Iniciativa promovida por Galicia Calidade para difundir hábitos de consumo sostibles en liña co Pacto Verde Europeo promovido pola Comisión Europea. Gracias ás empresas e institucións pola súa colaboración.