Adegas Vilarvín naceu a finais de 1995 co único propósito de elaborar un viño que se caracterice por ser persoal e varietal. Cunha produción non superior aos 400.000 litros, Albariño Valtea nace como resultado dunha vendima realizada con uvas en perfecto estado de maduración e converteuse en pouco tempo nunha das grandes referencias da D.O. Rías Baixas, recoñecido tanto no ámbito nacional coma no internacional.
SOSTIBILIDADE
A bioeconomía circular está presente na elaboración dos seus produtos, que reutilizan os residuos da uva para a destilación e elaboración de augardentes e licores. Residuos como o bagazo, sementes e restos de uva que quedan despois de extraer o mosto, destílanse para obter o augardente de bagazo, que logo empregan como base para elaborar outro tipo de licores como o licor café e o licor de herbas.
- Valtea Albariño
- Valtea Brut Nature
- C de V Condado
- Pazo de Corga Albariño